AENOR – Asociación Española de Normalización e Certificación

Inicio > Certificación > AENORnet

AENORnet

A miña oficina é o mundo

AENORnet é o portal exclusivo dos clientes de certificación da AENOR. Un espazo concibido para eles onde se unen información, comunicación, participación e servizos.

AENORnet pon a disposición da organización certificada a información máis actual relativa a sistemas de xestión. Grazas a unha completa clasificación de contidos en temas, subtemas e sectores o usuario pode consultar centos de documentos sobre o tema escollido, coñecer as subvencións ás que pode optar, estar ao día da actualidade lexislativa, acceder ás noticias de prensa de diferentes medios de comunicación, coñecer os próximos eventos nos que pode participar, así como intercambiar puntos de vista con outros clientes nos foros de opinión.

Coñecer os datos dos seus certificados, solicitar copias deles, consultar as datas das auditorías e o histórico das tramitacións, contactar co seu técnico responsable do expediente, descargar os logotipos e as condicións de uso das marcas de certificación de sistemas de xestión da AENOR, son as posibilidades que se ofrecen desde a sección Servizos da AENORnet.

Tamén para os clientes que adquiriron a aplicación informática CERTOOL, ofrécense servizos de soporte, como acceder á descarga de actualizacións, revisións e documentos, realizar consultas na caixa de correo de suxestións e participar nun foro específico de usuarios.

Desde a sección Demostra o que vales poderá adquirir unha ampla gama de produtos (bandeiras, esculturas, placas, expositores, etc.) para facer pública a calidade do seu traballo.

Para poder entrar na AENORnet cómpre acceder ao enderezo www.aenornet.es e introducir os datos de acceso, usuario e clave, que AENOR lle envía por correo ordinario á persoa da empresa que se designou como responsable do expediente de certificación.

AENORnet

 

Todos os dereitos reservados: © AENOR, 2016

Compartir ligazón

Información da AENOR - Avisos legais - Declaración de accesibilidadeMapa do sitio