AENOR – Asociación Española de Normalización e Certificación

Inicio > Certificación > Calidade > Calidade de servizo

Calidade de servizo

O sector servizos cada vez fai un uso máis extensivo das vantaxes da certificación.

A certificación dos servizos é un paso máis alá no ámbito da calidade, pois representa a esixencia do cumprimento de normas e especificacións particulares aplicables ao servizo concreto e orientadas á satisfacción dos clientes.

A certificación da AENOR está recoñecendo o esforzo de empresas e administracións públicas por atender as necesidades das persoas e ofrecer cada día un mellor servizo. Os certificados da AENOR de calidade comercial, cartas de servizo, servizos turísticos e transporte público de pasaxeiros son un exemplo dese compromiso cos cidadáns.

No campo da saúde, comezouse a certificar a calidade do servizo en clínicas dentais. Así mesmo, hai certificacións específicas para ambulancias, residencias de maiores, ou a seguridade en parques infantís.

 

Todos os dereitos reservados: © AENOR, 2016

Compartir ligazón

Información da AENOR - Avisos legais - Declaración de accesibilidadeMapa do sitio