Inicio > Certificación > I+D+i > Sistemas de xestión > Sistema de vixilancia tecnolóxica UNE 166006
Estrutura o proceso de escoita e observación do medio para apoiar a toma de decisións a todos os niveis da organización
A norma UNE 166006 permite realizar de maneira sistemática a observación e busca de sinais de cambio e novidades enfocadas á captura de información, a selección e a análise, a difusión e comunicación para convertela en coñecemento que permita a toma de decisións, e o seguimento da explotación dos seus resultados.
A certificación da vixilancia tecnolóxica facilita a relación entre os prestameiros da vixilancia tecnolóxica, sexan internos ou externos, e os seus clientes na organización, proporcionando unha terminoloxía común, identificando as relacións, posibles sinerxías e complementariedade entre esta actividade e outras, precisando os elementos constitutivos da súa oferta, axudando a entender e a clarificar os roles e compromisos respectivos.
Beneficios:
A norma é de especial utilidade para todas aquelas organizacións que realicen actividades de I+D+i, independentemente do seu tamaño e actividade. Esta norma tamén pode utilizarse como especificación de compra na contratación a terceiros.
Esta norma está aliñada con outras normas de sistemas de xestión como poden ser a UNE-EN ISO 9001 e en especial coa UNE 166002, coa finalidade de aumentar a compatibilidade coas devanditas normas en beneficio da comunidade de usuarios.
Unha vez superado o proceso de auditoría a organización obtén:
Desde o ano 2007 en que foi concedido o primeiro certificado de vixilancia tecnolóxica, a AENOR concedeu 21 certificados a prestixiosas organizacións tanto públicas como privadas.
Solicítenos hoxe mesmo información detallada do proceso completo de auditoría (informes, prazos de execución, visitas...) e unha oferta adaptada ás necesidades da súa organización.
902 102 201
info@aenor.es