AENOR – Asociación Española de Normalización e Certificación

Inicio > Certificación > Servizos de inspección > Inspección preembarque > Envíos á Arabia Saudita

Certificado de conformidade para exportacións á Arabia Saudita

Segundo o Decreto 6386 publicado polo Ministerio de Comercio e Industria (MoCI) do Reino da Arabia Saudita, todos os produtos de consumo que foren introducidos no Reino da Arabia requirirán un certificado de conformidade (CoC), necesario para garantir o despacho de aduanas dos envíos asegurando a seguranza dos consumidores e confirmando que os produtos cumpren coas normas/estándares da Arabia Saudita, así como as normas técnicas nacionais, rexionais ou internacionais.

AENOR foi recoñecida pola Saudi Arabian Standards Organization (SASO) para participar no Programa de Conformidade de Produto (PCP) emitindo os certificados de conformidade de forma previa aos embarques.

Todos os produtos de consumo introducidos no país deben cumprir con estes requisitos, a excepción de: alimentos e produtos agrícolas, medicinas e cosméticos, dispositivos e equipos médicos, petróleo cru.

Ademais, esíxese que todos os produtos que entren na Arabia Saudí leven unha indicación non extraíble, en lingua inglesa e árabe coa descrición e os datos do exportador, así como coa especificación do país de orixe, tal como o indica a Circular emitida pola aduana na Arabia Saudí sobre país de marcado de orixe en 2009/01/18.Formato PDF.

Que facer para obter o certificado de conformidade?

Póñase en contacto connosco e envíenos cuberta a solicitude de inspección Formato PDF cos datos do envío.

A seguir, indicarémoslle os requisitos para a inspección e pedirémoslle os documentos necesarios para a exportación, que inclúen entre outros os informes de ensaios, facturas do envío, declaración de conformidade asinada polo exportador e a lista de embalaxe. Farémoslle chegar unha oferta personalizada para a inspección do seu envío.

Unha vez recibida a referida documentación, concretaremos data e hora de inspección.

Despois de se realizar a inspección, se os resultados son satisfactorios, emitirase o correspondente certificado de conformidade.

 

Todos os dereitos reservados: © AENOR, 2016

Compartir ligazón

Información da AENOR - Avisos legais - Declaración de accesibilidadeMapa do sitio