AENOR – Asociación Española de Normalización e Certificación

Inicio > Certificación > Servizos de inspección

Certificado de conformidade para exportacións a Armenia

AENOR asinou en xullo de 2012 un acordo de cooperación co Instituto Nacional de Normalización de Armenia (SARM) co obxectivo de eliminar as barreiras ao comercio desenvolvendo cooperación nos campos de normalización e a certificación de acordo coas normas, guías e leis internacionais, recoñecéndose mutuamente como organismos de avaliación da conformidade.

Isto permite á AENOR axudar os exportadores e importadores a obteren a documentación que necesitan os produtos para establecer relacións comerciais con Armenia.

Desde AENOR podemos axudalos a:

Que facer para obter a certificación necesaria para exportar os seus produtos?

Póñase en contacto connosco e envíenos cuberta a petición de certificación Formato PDF cos datos dos produtos.

A seguir, indicarémoslle os requisitos para a exportación, facéndolle chegar unha proposta concreta para os produtos que queren exportar.

Despois da súa conformidade, pedirémoslle os documentos necesarios para a exportación, que poden incluír entre outros: Informes de ensaios, especificacións técnicas do produto, etiquetaxe, declaracións, etc.

Unha vez avaliada toda a documentación e realizadas as inspeccións que foren necesarias, procederase á emisión da documentación requirida.

 

Todos os dereitos reservados: © AENOR, 2016

Compartir ligazón

Información da AENOR - Avisos legais - Declaración de accesibilidadeMapa do sitio