AENOR – Asociación Española de Normalización e Certificación

Inicio > Certificación > Servizos de inspección

Inspección por crédito documentario

Características da inspección

Na inspección verificaranse todas as características esixidas polo cliente, ben a 100% ou por mostraxe. A inspección pódese referir a aspectos como:

  • Especificacións do produto: dimensións físicas, características físicas/químicas, funcionalidades, resultado de ensaios, marcaxe, etc.
  • Condicións de envío: nº de vultos, unidades por vulto, tipo de embalaxe, marcaxe, carga, estiba, etc.
  • Plan de mostraxe que debe ser realizada: (A criterio do cliente segundo requisitos da norma ISO 2859)

Nas transaccións internacionais, o crédito documentario é un medio de pagamento que ofrece un alto nivel de seguranza ao exportador, pois garante a cobranza da venda da súa mercadoría e ao importador, garantindo que recibirá a mercadoría en tempo, cantidade e forma.

O activador do pagamento polo banco do importador é a presentación polo banco do exportador da documentación acreditativa do envío da mercadoría nas condicións pactadas. A documentación debe ser moi precisa e incluír todos os documentos que se citaron no crédito documentario. Non pode haber erro, nin de fondo nin de forma, e calquera fallo pode dar lugar a que o banco emisor non proceda ao pagamento.

En consecuencia, é aconsellable que unha terceira parte independente verifique en orixe que a mercadoría cumpre todos os requisitos especificados, incluíndo cantidade e integridade física, e mesmo verificando o colocación dos vultos e a carga no navío. De feito, en moitos créditos documentarios esíxese a testificación dunha terceira parte independente.

Que facer para solicitar unha inspección dun envío?

Póñase en contacto connosco e envíenos cuberta a solicitude de inspección Formato PDF cos datos do envío.

A seguir, pedirémoslle a información necesaria para realizar a inspección, xunto cos documentos necesarios. Farémoslle chegar unha oferta personalizada para a inspección do seu envío.

Unha vez recibida a referida documentación, concretaremos data e hora de inspección.

Despois de realizada a inspección, elaborarase un informe de inspección con toda a información recollida.

Para máis información:

 

Todos os dereitos reservados: © AENOR, 2016

Compartir ligazón

Información da AENOR - Avisos legais - Declaración de accesibilidadeMapa do sitio