AENOR – Asociación Española de Normalización e Certificación

Inicio > Certificación > Servizos de inspección

Inspección a demanda do cliente

Características da inspección

Na inspección verificaranse todas as características esixidas polo cliente, ben a 100% ou por mostraxe. A inspección pódese referir a aspectos como:

  • Especificacións do produto: dimensións físicas, características físicas/químicas, funcionalidades, resultado de ensaios, marcaxe, etc.
  • Condicións de envío: nº de vultos, unidades por vulto, tipo de embalaxe, marcaxe, carga, estiba, etc.
  • Plan de mostraxe que debe ser realizada: (A criterio do cliente segundo requisitos da norma ISO 2859)

A globalización dos mercados e o alto grao de deslocalización das empresas con actividades de produción repartidas por todo o mundo, creou nos importadores a necesidade de poder asegurar a idoneidade da mercadoría antes de ser enviada, evitando atrasos e gastos por produtos de mala calidade.

Con este servizo de inspección, AENOR ofrece a posibilidade de coñecer e asegurar as características da mercadoría antes de ser enviada, realizando unha inspección sistemática de unidades seleccionadas aleatoriamente entre todos os lotes encargados.

Despois deste traballo, AENOR emite un completo informe de inspección, ofrecendo aos seus clientes a oportunidade de poder adoptar medidas correctoras antes do envío definitivo da produción, evitando gastos de importación moi elevados de produtos que non se axustan aos requisitos solicitados.

Para iso, AENOR conta cunha ampla rede de inspectores distribuídos por todo o mundo, podéndose desprazar ás fábricas e almacéns do país de orixe da mercadoría.

Que facer para solicitar unha inspección dun envío?

Póñase en contacto connosco e envíenos cuberta a solicitude de inspección Formato MS-WORD cos datos do envío.

A seguir, pedirémoslle a información necesaria para realizar a inspección, xunto cos documentos necesarios. Farémoslle chegar unha oferta personalizada para a inspección do seu envío.

Unha vez recibida a referida documentación, concretaremos data e hora de inspección.

Despois de realizada a inspección, elaborarase un informe de inspección con toda a información recollida.

 

Todos os dereitos reservados: © AENOR, 2016

Compartir ligazón

Información da AENOR - Avisos legais - Declaración de accesibilidadeMapa do sitio