AENOR – Asociación Española de Normalización e Certificación

Inicio > Certificación > Servizos de inspección > Inspección preembarque > Envíos ao Ecuador

Certificado de recoñecemento para exportacións ao Ecuador

A Lei ecuatoriana 2007-76 sinala que de forma previa á comercialización de produtos, nacionais e importados, deberá demostrarse o cumprimento do produto coa regulamentación técnica, aplicable a través de certificado de conformidade expedido por un organismo de certificación acreditado.

O Consello Nacional da Calidade Ecuatoriana publicou unha listaxe de bens suxeitos a control Formato PDF, con todos os produtos que deberán cumprir de forma obrigatoria coas normas ecuatorianas, códigos de práctica, regulacións e regulamentos técnicos establecidos para cada un deles.

O artigo 16 da Resolución 010-2009 do Consello Nacional de Calidade do Ecuador, establece a obriga de esixir o certificado de recoñecemento, (formulario INEN 1), para a importación de determinados bens.

Co certificado de inspección emitido pola AENOR, o importador poderá obter o certificado de recoñecemento (formulario INEN-1) emitido polo INEN (Instituto Ecuatoriano de Normalización) que autorizará a liberación dos produtos na aduana, requisito indispensable para que a mercadoría poida entrar no país.

Na actualidade a AENOR está autorizada polo Organismo de Acreditación Ecuatoriano (OAE) para emitir os certificados de inspección para:

Que facer para obter o certificado de conformidade?

Póñase en contacto connosco e envíenos cuberta a solicitude de inspección Formato PDF cos datos do envío.

A seguir, indicarémoslle os requisitos para a inspección e pedirémoslle os documentos necesarios para a exportación, que inclúen entre outros os informes de ensaios, facturas do envío, declaración de conformidade asinada polo exportador e a lista de embalaxe. Farémoslle chegar unha oferta personalizada para a inspección do seu envío.

Unha vez recibida a referida documentación, concretaremos data e hora de inspección.

Despois de se realizar a inspección, se os resultados son satisfactorios, emitirase o correspondente certificado de inspección.

 

Todos os dereitos reservados: © AENOR, 2016

Compartir ligazón

Información da AENOR - Avisos legais - Declaración de accesibilidadeMapa do sitio