AENOR – Asociación Española de Normalización e Certificación

Inicio > Certificación > Servizos de inspección

AENOR Inspección

Países onde AENOR realiza inspeccións

América Central, Arxentina, Bolivia, Bulgaria, Chile, China, Colombia, Corea, Costa Rica, Ecuador, EUA, O Salvador, España, India, Italia, Marrocos, México, Panamá, Perú, Polonia, Portugal, República Dominicana, Turquía, Uruguai, Venezuela. Para calquera outro país consúltenos.

Mapa do mundo

AENOR realiza inspeccións en nome de clientes privados, das súas organizacións matrices e/ou de autoridades oficiais co obxectivo de lles prover información sobre a conformidade coa lexislación, normas, ou especificacións que foren de aplicación.

A crecente globalización dos mercados está motivando que moitas empresas estean saíndo ao exterior para comprar e vender os seus produtos. Esta situación crea nos importadores e exportadores novas necesidades de servizos, como a inspección das mercadorías co fin de comprobar a adecuación dos produtos cos requisitos do cliente ou o cumprimento coa lexislación do país de destino.

O alcance da inspección pode incluír verificación de provedores, da fabricación e da cantidade, calidade, embalaxe, etiquetaxe e marcas da mercadoría, así como a supervisión da carga do contedor. Co servizo de inspección, AENOR asegura que as mercadorías que chegan ao lugar de destino son conformes coas especificacións requiridas (requisitos legais, normas ou requisitos contractuais).





Avaliación de provedores

Inspección de produción

Inspección Previa ao Embarque (IPE) requirida por gobernos e organismos oficiais

Inspección Previa ao Embarque (IPE) establecida entre partes

Inspección en destino

 

Todos os dereitos reservados: © AENOR, 2016

Compartir ligazón

Información da AENOR - Avisos legais - Declaración de accesibilidadeMapa do sitio