AENOR – Asociación Española de Normalización e Certificación

Inicio > Certificación > Servizos de inspección

Inspección do precinto e carga dos vultos

A inspección do precinto e carga dos vultos faise para asegurar a integridade física da carga e a súa adecuada estiba.

Esta inspección pode incluír unha serie de actividades entre as que se poden encontrar:

Durante o proceso de comprobación da carga, o inspector selecciona varias caixas ao azar para confirmar que cada unha delas contén a cantidade de produto correspondente ao pedido, que a calidade cumpre coas especificacións e que a embalaxe na súa totalidade incorpora os códigos de barras, as etiquetas e os materiais de empaquetado adecuados. O proceso de carga dos contedores supervísase estritamente para comprobar que é cargada no transporte a totalidade do produto pedido.

Con este tipo de inspección redúcese o risco de danos durante o envío e ofrece unha evidencia deste proceso tanto para fabricantes como para clientes.

Que facer para solicitar unha inspección de precinto e carga de vultos?

Póñase en contacto connosco e envíenos cuberta a solicitude de inspección Formato PDF cos datos do envío.

A seguir, pedirémoslle a información necesaria para realizar a inspección, xunto cos documentos necesarios. Farémoslle chegar unha oferta personalizada para a inspección do seu envío.

Unha vez recibida a referida documentación, concretaremos data e hora de inspección.

Despois de realizada a inspección, elaborarase un informe de inspección con toda a información recollida.

Para máis información:

 

Todos os dereitos reservados: © AENOR, 2016

Compartir ligazón

Información da AENOR - Avisos legais - Declaración de accesibilidadeMapa do sitio