AENOR – Asociación Española de Normalización e Certificación

Inicio > Certificación > Servizos de inspección

Inspección en destino

Características da inspección

Na inspección verificaranse todas as características esixidas polo cliente, ben a 100% ou por mostraxe. A inspección pódese referir a aspectos como:

  • Especificacións do produto: dimensións físicas, características físicas/químicas, funcionalidades, resultado de ensaios, marcaxe, etc.
  • Condicións de envío: nº de vultos, unidades por vulto, tipo de embalaxe, marcaxe, carga, estiba, etc.
  • Plan de mostraxe que debe ser realizada: (A criterio do cliente segundo requisitos da norma ISO 2859)

A inspección en destino é un servizo personalizado de inspección de produtos enviados. A mercadoría é inspeccionada fisicamente cando chega ao país de destino para determinar a calidade, cantidade dos produtos e a súa adecuación aos requisitos establecidos para eles.

Por outro lado, naqueles países con programas de certificación de importacións, onde o despacho da mercadoría esta suxeito á presentación dun certificado de inspección, esta inspección pode tamén ser realizada na aduana destino de determinados países, como por exemplo Ecuador.

Con este servizo de inspección, AENOR ofrece a posibilidade de coñecer e asegurar as características da mercadoría cando chega ao país de destino, realizando unha inspección sistemática de unidades a 100% ou seleccionada aleatoriamente de entre todos os lotes encargados.

Despois deste traballo, AENOR emite un completo informe de inspección, ofrecendo aos seus clientes a evidencia necesaria sobre o cumprimento dos requisitos contractuais establecidos entre cliente e provedor.

Para iso, AENOR conta cunha ampla rede de inspectores distribuídos por todo o mundo.

Que facer para solicitar unha inspección dun envío?

Póñase en contacto connosco e envíenos cuberta a solicitude de inspección Formato PDF cos datos do envío.

A seguir, pedirémoslle a información necesaria para realizar a inspección, xunto cos documentos necesarios. Farémoslle chegar unha oferta personalizada para a inspección do seu envío.

Unha vez recibida a referida documentación, concretaremos data e hora de inspección.

Despois de realizada a inspección, elaborarase un informe de inspección con toda a información recollida.

Para máis información:

 

Todos os dereitos reservados: © AENOR, 2016

Compartir ligazón

Información da AENOR - Avisos legais - Declaración de accesibilidadeMapa do sitio