AENOR – Asociación Española de Normalización e Certificación

Inicio > Certificación > Servizos de inspección > Inspección preembarque

Inspección preembarque requirida por gobernos e organismos oficiais

A exportación a numerosos países está suxeita á obtención dun certificado de inspección que demostre o cumprimento coa lexislación e os requisitos vixentes no país de destino da mercadoría. Este certificado é imprescindible para despachar o envío en destino.

Para iso, é necesario a realización dunha inspección previa ao embarque polas entidades autorizadas, como é AENOR, que en nome dos gobernos e os organismos oficiais realiza estas inspeccións de control de calidade, cantidade, valor das importacións/exportacións ou etiquetaxe, cumprindo en todo o caso cos requisitos da Organización Mundial de Comercio.

AENOR realiza estas inspeccións previas ao embarque para as exportacións aos países con plans de certificación de importacións, axudando os exportadores, importadores ou operadores nos intercambios comerciais. Unha vez finalizada a inspección, emítese un certificado transmitindo aos nosos clientes a tranquilidade de que as mercadorías chegarán ao seu lugar de destino de acordo coas especificacións.

 

Todos os dereitos reservados: © AENOR, 2016

Compartir ligazón

Información da AENOR - Avisos legais - Declaración de accesibilidadeMapa do sitio