AENOR – Asociación Española de Normalización e Certificación

Inicio > Certificación > Servizos de inspección

Inspección preembarque voluntaria establecida entre as partes

A crecente globalización dos mercados fixo que moitas empresas saian ao exterior para comprar e vender os seus produtos.

Esta situación crea nos importadores e exportadores novas necesidades de servizos, como a inspección das mercadorías de forma previa ao embarque, co fin de comprobar a adecuación dos produtos cos requisitos do cliente antes de seren enviados, ou para verificar o cumprimento coa lexislación do país de destino da mercadoría.

A Inspección Previa ao Embarque (IPE) é un servizo personalizado de inspección de produtos prontos para seren exportados antes da súa saída ao lugar de destino. A mercadoría é inspeccionada fisicamente para determinar a calidade e cantidade dos produtos, a súa correcta clasificación aduaneira, a verificación da etiquetaxe e o control da documentación da transacción.

 

Todos os dereitos reservados: © AENOR, 2016

Compartir ligazón

Información da AENOR - Avisos legais - Declaración de accesibilidadeMapa do sitio