AENOR – Asociación Española de Normalización e Certificación

Inicio > Certificación > Servizos de inspección

Certificado de conformidade para exportacións a Rusia, Bielorrusia e Kazakhstan

AENOR asinou en novembro de 2012 un acordo de colaboración con QSA Certificación (entidade autorizada por Gosstandart e VNIIS) para emitir os certificados (Gost R / Gost K ou STB) e as autorizacións necesarias para a exportación e importación a estes países.

A constitución da unión aduaneira entre Rusia, Bielorrusia e Kazakhstan fixo posible desde o día 1 de xullo de 2010 que sexan aceptados nos tres países, con independencia do emisor, os certificados e autorizacións requiridos.

Isto permite á AENOR axudar os exportadores e importadores a:

Obter unha única declaración ou certificado de conformidade para os seus produtos que lle permita operar en calquera lugar do territorio da unión aduaneira.

Asegurar que os seus produtos cumpren os requisitos obrigatorios para Rusia, Bielorrusia e Kazakhstan.

Que facer para obter a certificación necesaria para exportar os seus produtos?

Póñase en contacto connosco e envíenos cuberta a petición de certificación Formato MS-WORD cos datos dos produtos.

A seguir, indicarémoslle os requisitos para a exportación, facéndolle chegar unha proposta concreta para os produtos que queren exportar.

Despois da súa conformidade, pedirémoslle os documentos necesarios para a exportación, que poden incluír entre outros: Informes de ensaios, especificacións técnicas do produto, etiquetaxe, declaracións, etc.

Unha vez avaliada toda a documentación e realizadas as inspeccións que foren necesarias, procederase á emisión da documentación requirida.

 

Todos os dereitos reservados: © AENOR, 2016

Compartir ligazón

Información da AENOR - Avisos legais - Declaración de accesibilidadeMapa do sitio