AENOR – Asociación Española de Normalización e Certificación

Inicio > Certificación > Servizos de inspección

Certificado de conformidade para exportacións a Uzbekistán

Os envíos con destino a Uzbekistán deben ser sometidos, de forma previa ao embarque, a unha inspección que inclúe aspectos sobre a cantidade, a calidade e o prezo das mercadorías.

Adicionalmente, para un gran número de produtos de consumo e bens de equipo, esíxese tamén unha certificación de conformidade con respecto ás normas nacionais e internacionais existentes para os produtos.

AENOR asinou un acordo de recoñecemento coa Axencia para a Normalización, Metroloxía e Certificación de Uzbekistán, UZSTANDARD. A sinatura deste acordo cadro de recoñecemento no campo da certificación supón a autorización da AENOR como organismo de inspección para a emisión dos certificados de conformidade necesarios para a exportación de mercadorías e produtos con destino a Uzbekistán.

Que facer para obter o certificado de conformidade?

Póñase en contacto connosco e envíenos cuberta a solicitude de inspección Formato PDF cos datos do envío.

A seguir, pedirémoslle a información necesaria para realizar a inspección, xunto cos documentos necesarios. Farémoslle chegar unha oferta personalizada para a inspección do seu envío.

Unha vez recibida a referida documentación, concretaremos data e hora de inspección.

Despois de realizada a inspección, emitirase o correspondente certificado de conformidade que lles permitirá a exportación.

 

Todos os dereitos reservados: © AENOR, 2016

Compartir ligazón

Información da AENOR - Avisos legais - Declaración de accesibilidadeMapa do sitio