AENOR – Asociación Española de Normalización e Certificación

Inicio > Certificación > A certificación da AENOR

A certificación da AENOR, o valor da confianza

Que facer para certificarse?

O dereito de uso destas marcas concédese despois dun proceso de certificación.

O esquema seguinte representa o proceso xeral de auditoría para a certificación de produtos e sistemas de xestión.

Diagrama de fluxo do proceso xeral de auditoría. Cada bloque correspóndese cunha etapa do proceso: Solicitude. Auditoría inicial. Fase 1. Fase 2. Tipo de certificado? Dúas opcións Sistemas ou Produto. Se o proceso é de sistemas de xestión a seguinte etapa é Plan de accións correctivas. Se se trata de produtos as seguintes etapas son Inspección e toma de mostras, Ensaios e Plan de accións correctivas. Despois desta etapa procede a Avaliación e decisión, se non se cumpren os requisitos repítese o proceso desde Auditoría inicial e se en efecto se cumpren os requisitos procédese á Concesión do certificado, que posteriormente ten un seguimento aplicando outra vez as etapas desde Auditoría inicial.


A certificación é a acción levada a cabo por unha entidade independente das partes interesadas mediante a que se manifesta que unha organización, produto, proceso ou servizo, cumpre os requisitos definidos nunhas normas ou especificacións técnicas.

Así, as marcas da AENOR evidencian esta certificación e constitúen un elemento diferenciador no mercado, mellorando a imaxe de produtos e servizos ofrecidos e xerando confianza entre clientes e consumidores.

Confianza para a propia organización e para os clientes, os accionistas, os empregados, as administracións públicas e o medio social da empresa. Confianza na calidade e na seguridade dos seus produtos e servizos. Confianza na eficacia da súa xestión. Confianza no seu compromiso ambiental e a seguridade dos seus traballadores. Confianza na súa aposta pola innovación.

Ademais, ante o actual exceso de información, as organizacións necesitan simplificar as súas decisións. Por iso, buscan provedores cuxa xestión e/ou produtos conten co aval dunha entidade de confianza. Co obxecto de dotar as organizacións deste valor competitivo diferencial, a AENOR ofrece as súas marcas.

Que identifican?

Diagrama de bloques en que se mostra o significado das marcas da AENOR. Aparecen dous grandes bloques. O primeiro bloque é de certificación de sistemas de xestión, a este tipo corresponden a marca ER de empresa rexistrada e a marca de xestión ambiental. Estas marcas respectivamente identifican empresas ben xestionadas e empresas comprometidas co ambiente. O segundo bloque é de certificación de produtos e servizos, coa marca N e a marca AENOR ambiente, que identifican produtos e servizos de calidade e produtos e servizos respectuosos co ambiente.

 

Todos os dereitos reservados: © AENOR, 2016

Compartir ligazón

Información da AENOR - Avisos legais - Declaración de accesibilidadeMapa do sitio