AENOR – Asociación Española de Normalización e Certificación

Inicio > Certificación > Responsabilidade social

Certificación da responsabilidade social

Bo goberno, transparencia, cumprimento e xestión de grupos de interese

Nun mundo cada vez máis competitivo e global as organizacións son máis conscientes do seu papel activo como xeradoras de riqueza, emprego, produtos e servizos de calidade e así como outros beneficios para os seus accionistas, clientes, empregados, provedores e demais grupos de interese das comunidades e contornos nos que operan. As empresas e outro tipo de organizacións poden e deben contribuír ao desenvolvemento sostible a través do compromiso decidido dos seus líderes para establecer unha cultura de integridade, transparencia, honestidade e cumprimento.

A introdución dos criterios de responsabilidade social (aspectos económicos, ambientais, sociais), bo goberno, cumprimento e transparencia son unha garantía para a competitividade, a redución de riscos, o bo goberno e a mellora da xestión das organizacións.

A AENOR ofrece solucións avanzadas e integrais como a certificación IQNet SR10 ou a certificación do modelo de compliance penal e solucións dirixidas a grupos de interese e aspectos específicos como a prevención do suborno (ISO 37001) ou a verificación de memorias de responsabilidade social e sostibilidade.

Compliance e goberno corporativo

Xestión e investimentos responsables

Accesibilidade

Memorias de sostibilidade

 

Todos os dereitos reservados: © AENOR, 2016

Compartir ligazón

Información da AENOR - Avisos legais - Declaración de accesibilidadeMapa do sitio