AENOR – Asociación Española de Normalización e Certificación

Inicio > Cooperación > Cooperación con entidades

Cooperación con entidades

A Asociación Española de Normalización, UNE, é unha das entidades líderes en cooperación no ámbito da infraestrutura da calidade desenvolvendo por veces proxectos en solitario. Porén noutros casos, dada a complexidade actual dos proxectos de cooperación, é necesaria a cooperación tecnolóxica con distintas entidades competentes para, en conxunto, estar en mellores condicións de lles achegar máis valor aos destinatarios da cooperación.

O establecemento de consorcios é unha das formas de colaboración con outras entidades implicadas na cooperación internacional que comparten os valores da nosa organización no desenvolvemento de proxectos internacionais.

A colaboración entre os socios, que se subscribe nun acordo entre eles, debe ser tecnolóxica, efectiva e de interese para o consorcio no seu conxunto, así como contar coa necesaria implicación consciente e decidida de todas as partes.

A Asociación Española de Normalización, UNE, colabora tamén con institucións públicas e privadas, entidades e empresas que, como beneficiarios dun proxecto de cooperación, desexan contar coa experiencia e coñecementos do equipo que conforma a nosa organización no bo desenvolvemento de cada un dos servizos que actualmente ofrecemos dirixidos a favorecer a competitividade e desenvolvemento económico e social.

Se a súa entidade comparte os nosos valores e vocación por contribuír ao benestar da sociedade e está interesada en tratar unha posible colaboración coa Asociación Española de Normalización, UNE, ou ben desexa a nosa colaboración proactiva nun proxecto de cooperación internacional, por favor entre en contacto connosco no seguinte enderezo electrónico: coopera@une.org

 

Todos os dereitos reservados: © AENOR, 2016

Compartir ligazón

Información da AENOR - Avisos legais - Declaración de accesibilidadeMapa do sitio