AENOR – Asociación Española de Normalización e Certificación

Inicio > Ensaios > AENOR Laboratorio

AENOR Laboratorio

A garantía AENOR, tamén nas análises alimentarias

AENOR, o líder en certificación, pon en servizo o laboratorio de análise alimentaria que nace coa ambición de ser a instalación de referencia en España. Incorporando prestixiosos profesionais e as últimas tecnoloxías, AENOR Laboratorio é o mellor aliado da industria para transmitir confianza aos consumidores.

Un eficaz servizo de análise, de gran utilidade para aqueles sectores implicados na alimentación (produtor primario, industria de transformación, distribución e servizos) así como para a Administración, garante da súa calidade e seguridade, que permitirá realizar un exhaustivo control dos alimentos así como dos factores que participan na súa elaboración, co único fin de lles ofrecer uns produtos seguros e de calidade aos consumidores.

Máis de 1.500 m2 e unha gran capacidade técnica e de desenvolvemento de novas metodoloxías analíticas, que a AENOR pon a disposición da industria alimentaria a través de tres laboratorios que dan resposta ás súas necesidades de análise: fisicoquímico, microbiolóxico e sensorial.

Compromiso AENOR

Rigor: O prestixio do selo AENOR obríganos a impornos os máximos niveis de calidade.

Fiabilidade: Metodoloxía de traballo conforme as normas UNE, métodos oficiais e outros internacionalmente recoñecidos.

Orientación ao cliente:

Transparencia e comunicación: Acceso en todo momento á información sobre o estado das súas mostras.

Servizo global: Oferta completa de servizos de análise, inspección e certificación que dan resposta ás súas necesidades de calidade e seguridade.

AENOR Laboratorio conta coa acreditación da ENAC para a realización de análises microbiolóxicas e fisicoquímicas en alimentos e augas de consumo, alcance 731/LE1555  Formato PDF. Asimismo, está autorizado para usar el sello de la Cooperación Internacional de Acreditación de Laboratorios y Organismos (ILAC). A inclusión do selo da ILAC nos informes acreditados supón que os clientes do AENOR Laboratorio non terán necesidade de realizar análises dos seus produtos en laboratorios de terceiros países, o que facilita a exportación.

AENOR encóntrase autorizada por FACE para realizar tanto a certificación coma as análises definidas na súa marca de garantía.


 

Todos os dereitos reservados: © AENOR, 2016

Compartir ligazón

Información da AENOR - Avisos legais - Declaración de accesibilidadeMapa do sitio