AENOR – Asociación Española de Normalización e Certificación

Inicio > Normas e publicacións > Como se elaboran as normas?

Como se elabora unha norma?

As normas técnicas elabóranse no seo da Asociación Española de Normalización, UNE, a través dos comités técnicos de normalización en que están presentes todas as partes interesadas.

Diagrama Participación nos comités técnicos de normalización. Bloque 1: Categorías vinculadas á cadea de valor: provedor, fabricante, intermediario, usuario. Bloque 2 Interese xeral: Administración, asociación de consumidores, sindicados, ONG, outras asociacións. Bloque 3 Entidades prestameiras de servizos relacionados coas normas: organismos de avaliación da conformidade, consultoras.  Bloque 4 Investigación e universidade: centros tecnolóxicos e de investigación. Bloque 5 Outros: persoal da Asociación Española de Normalización, UNE, AEN/CTN interesados, organizacións sectoriais, plataformas tecnolóxicas, clusters.


Comités de normalización

Expandir

A participación nos comités posibilita o acceso e a capacidade de influír no contido das normas europeas e internacionais.

Os comités están constituídos por un presidente, unha secretaría técnica e unha serie de vogais que constitúen unha representación equilibrada de todas aquelas entidades que teñen interese na normalización dun tema en concreto, o que garante a transparencia, apertura e consenso no seu traballo.

Buscador de comités de normalización

Expandir

O seguinte buscador permítelle localizar os comités de normalización do seu interese.


  (exemplo: AEN/CTN 66)

Proceso de elaboración dunha norma UNE

Expandir

Fluxograma do proceso de elaboración dunha norma UNE. Componse de catro fases: Traballos preliminares, elaboración do proxecto de norma, información pública no BOE e aprobación, publicación e difusión da norma.

O proceso de elaboración dunha norma UNE está sometido a unha serie de fases que permiten asegurar que o documento final é froito do consenso, e que calquera persoa, aínda que non pertenza ao órgano de traballo que a elabora, pode emitir as súas opinións ou comentarios.

 

Todos os dereitos reservados: © AENOR, 2016

Compartir ligazón

Información da AENOR - Avisos legais - Declaración de accesibilidadeMapa do sitio