AENOR – Asociación Española de Normalización e Certificación

Inicio > Normas e publicacións > Que é unha norma?

Que é unha norma?

Unha norma é un documento técnico de aplicación voluntaria, froito do consenso, baseado nos resultados da experiencia e do desenvolvemento tecnolóxico e aprobado por un organismo de normalización recoñecido.

As normas garanten uns niveis de calidade e seguridade que lle permiten a calquera empresa posicionarse mellor no mercado e constitúen unha importante fonte de información para os profesionais de calquera actividade económica.

Debido á importancia da normalización para o desenvolvemento industrial e da economía en xeral, o Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo do Goberno de España, mostra na súa páxina web un completo documento sobre as preguntas máis frecuentes sobre normalización Web externa, abrirase unha ventá nova.

Normas na nosa vida

Expandir

As normas indican como debe ser un produto ou servizo para que sexa seguro e responda ao que o consumidor espera del.

Os seguintes documentos corresponden á sección Normas na nosa vida da revista AENOR, onde mensualmente se mostran aplicacións de normas en distintas escenas da vida cotiá:

Normas e lexislación

Expandir

As normas son documentos de aplicación voluntaria e unicamente se poden converter en legalmente obrigatorias se se lexisla conforme a elas ou se se alude a elas como obrigatorias en disposicións legais vixentes.

Para facilitar ás autoridades públicas a comprensión das diversas opcións que ofrece o uso das normas en apoio do desenvolvemento de documentos lexislativos e as políticas públicas en xeral, os organismos europeos de normalización CEN e CENELEC publicaron a Guía 30 Guía europea sobre normas e regulamentación. Mellor regulamentación mediante o uso de normas voluntarias. Guía para reguladores. Formato PDF  (601 kB)

 

Todos os dereitos reservados: © AENOR, 2016

Compartir ligazón

Información da AENOR - Avisos legais - Declaración de accesibilidadeMapa do sitio