AENOR – Asociación Española de Normalización e Certificación

Inicio > Normas e publicacións

Nova norma ISO 45001

O proxecto de norma ISO 45001 persegue o mesmo obxectivo principal que o referencial OHSAS 18001: previr os riscos laborais e aqueles relacionados coa saúde no seo das organizacións, apostando pola mellora continua. Porén, a futura norma poría máis énfase no contexto da organización e o papel da alta dirección no liderado do sistema de xestión da seguridade e saúde no traballo. Sería de aplicación a calquera organización independentemente do seu tamaño, tipo ou natureza.

Outra das novidades consiste en que a futura ISO 45001 compartiría a denominada estrutura de alto nivel, común a todas as normas de xestión, como a ISO 9001 de Xestión da Calidade ou a ISO 14001 de Xestión Ambiental, para facilitar a súa aliñación e compatibilidade con elas.

A ISO 45001, do mesmo xeito que a OHSAS 18001, desenvolvería o requisito de accións para abordar riscos e oportunidades, incluíndo a identificación de perigos, a avaliación de riscos, a identificación de oportunidades e a determinación dos requisitos aplicables.

A norma podería ver a luz a finais de 2017 ou en 2018. A publicación da ISO 45001 non suporía a anulación automática da OHSAS 18001.

Contacto: info@une.org

Novidades

O 19 de maio iníciase o período de votación para o segundo DIS (Draft International Standard) da ISO 45001 Sistemas de xestión da seguridade e saúde no traballo – Requisitos con orientación para o seu uso, e concluirá en xullo. O seguinte paso está suxeito aos resultados da votación.

Este borrador, desenvolvido no comité internacional ISO/PC 283, inclúe as modificacións derivadas da análise dos comentarios presentados ao primeiro borrador, respectando o texto da estrutura de alto nivel. Entre eles destacan a referencia aos comités de seguridade e saúde, así como aos representantes dos traballadores como mecanismo para a consulta e participación.

As organizacións interesadas en implantar un sistema de xestión da seguridade e saúde no traballo teñen á súa disposición o OHSAS 18001, unha ferramenta que xa está servindo con eficacia a máis de 2.500 organizacións certificadas pola AENOR. Implantándoa coa Estrutura de alto nivel que aplica a ISO aos seus sistemas de xestión (ISO 9001-2015, ISO 14001-2015, etc), facilitaríase a migración á ISO 45001 unha vez que esta se publicase.

A futura ISO 45001 está dirixida a calquera organización independentemente do seu tamaño, tipo ou natureza, e ten como obxectivo principal a prevención dos danos e deterioración da saúde dos traballadores, así como proporcionar lugares de traballo seguros e saudables.

A futura norma fará énfase no contexto da organización e reforzará o papel da alta dirección no liderado do sistema de xestión da seguridade e saúde no traballo.

Documentos editados


Conteste o seguinte formulario e acceda ao documento Preguntas máis frecuentes sobre a futura ISO 45001.











Os campos marcados con * son obrigatorios

Os datos fornecidos serán incorporados a un ficheiro automatizado propiedade da Asociación Española de Normalización, UNE, e serán empregados unicamente con fins de xestión, así como para remitirlles información sobre os produtos e servizos que comercializa e presta a Asociación Española de Normalización, UNE, en relación coas súas actividades. Conforme á Lei orgánica 15/1999 de protección de datos de carácter persoal, vostede pode exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición. Para iso, diríxase por escrito a: Asociación Española de Normalización, UNE. Génova, 6, 28004 Madrid.

Próximos cursos e xornadas

  • Curso presencial "A nova norma ISO 45001. Estrutura e requisitos".

Documentos de interese


 

Todos os dereitos reservados: © AENOR, 2016

Compartir ligazón

Información da AENOR - Avisos legais - Declaración de accesibilidadeMapa do sitio