AENOR – Asociación Española de Normalización e Certificación

Inicio > Normas e publicacións

Quere participar no desenvolvemento das normas?

Se desexa propor un novo desenvolvemento de normalización, envíenos o seguinte formulario coa información solicitada para que poidamos coñecer e valorar a súa proposta:

Formulario de información útil para valoración de propostas de normalización  Web externa, abrirase unha ventá nova.

Xa que existen máis de 30.500 normas no catálogo da Asociación Española de Normalización, UNE, desenvolvidas no seo de máis de 200 comités técnicos, é posible que a súa idea estea recollida nalgunha delas. Por este motivo, convidámolo/a a consultar o catálogo de normas da Asociación Española de Normalización, UNE, así como os comités de normalización existentes.

E-comités: Participación e acceso á documentación dos comités de normalización

Expandir

O acceso aos proxectos de norma desde os seus borradores iniciais, xunto á posibilidade de intervir no momento axeitado no proceso de elaboración destes, é fundamental para asegurar que as tecnoloxías españolas, os procedementos de produción ou prestación de servizos, modelos de xestión, etc. se recollan no contido das normas definitivas. Deste xeito, conséguese lograr unha harmonización de conceptos e prácticas de xestión de alcance nacional, europeo ou internacional acorde ás necesidades das nosas actividades profesionais e lograr así ter as portas abertas a novos e máis amplos mercados.

E-comités facilítalles aos membros dos comités técnicos de normalización o acceso á documentación de normalización, tanto de ámbito nacional como europeo e internacional. Desta forma facilítase a análise destes entre todas as partes interesadas que compoñen os comités de normalización desde o mesmo instante no que se xeran os documentos.

Características e-comités (Vídeo comprimido para descarga, 42,4 Mb).

Asociación Española de Normalización, UNE, e-comités

 

Todos os dereitos reservados: © AENOR, 2016

Compartir ligazón

Información da AENOR - Avisos legais - Declaración de accesibilidadeMapa do sitio